Publicador de contidos

Publicador de contidos

España manterá o prospecto en papel dos medicamentos mentres sexa necesario

España manterá o prospecto en papel dos medicamentos mentres sexa necesario

A normativa europea que pretende eliminar progresivamente o prospecto en papel dos medicamentos cara a un dixital aínda está en fase de negociación

O borrador actual dálles un prazo de 5 anos aos Estados para substituír o prospecto en papel polo electrónico

Médicos e farmacéuticos advirten que suprimilo afectará principalmente ás persoas maiores polimedicadas e con escasos coñecementos dixitais

G24.gal 22/02/2025 14:52 Última actualización 22/02/2025 15:11

A retirada progresiva do prospecto en papel dos medicamentos está sobre a mesa. Médicos, farmacéuticos e pacientes aseveran que substituílo por un prospecto dixital "poría en risco a saúde dos doentes", especialmente das persoas maiores e máis vulnerables. 

"O prospecto en papel a día de hoxe é moi importante xa que hai moito polimedicado, sobre todo xente maior que toma moitas medicinas e para eles é un apoio incluso para os familiares. Hai moitos deles que non se manexan ben con medios dixitais e precisan ter ese prospecto en papel para poder consultar a información sen necesidade ás veces de ir á farmacia", di Montse Villar, farmacéutica.

A Axencia Española do Medicamento garante que manterá o prospecto en papel mentres sexa necesario. A nova normativa europea pretende xerar un marco normativo común pero que teña en conta as diferentes situacións e intereses de cada Estado.

O proposto pola Comisión Europea para a nova lexislación farmacéutica europea está aínda en fase de negociación. O borrador actual dálles un prazo de 5 anos aos Estados para substituír o prospecto en papel polo electrónico, a través dun código QR. Hai países que apoian unha transición ordenada cara aos os prospectos dixitais. 

"Hai certos laboratorios que xa están a implantar o prospecto dixital cun código QR, xunto co prospecto en papel que aínda é obrigatorio. Cun teléfono móbil les o código QR, alí vén a mesma información que no de papel", engade.

Só o 55,6 % da poboación da UE posúe competencias dixitais básicas, o que impide a millóns de cidadáns europeos consultar información electrónica de maneira autónoma. Os profesionais advirten de que se podería poñer en risco a seguridade clínica, se un doente non identifica un efecto adverso dun medicamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade