Cargando resultados...
Sanidade estabilizará máis de 2.500 prazas mediante concurso de méritos
No Parlamento, García Comesaña tamén avanzou como obxectivo deixar as listas de espera en niveis prepandemia
G24.gal
28/10/2022 18:46
Última actualización 28/10/2022 20:27
Reducir as listas de agarda a niveis prepandemia; ese é un dos obxectivos que marca a Consellería de Sanidade nos orzamentos do 2023.
García Comesaña avanzou na cámara galega, que tamén queren reducir a menos de sesenta días as probas diagnósticas de pediatría e as intervencións cirúrxicas aos maiores de 90 anos.
O conselleiro tamén anunciou a convocatoria dunha oferta pública de emprego o ano que vén para estabilizar 2.568 profesionais sanitarios mediante concurso de méritos.
A oposición di que os orzamentos son pouco cribles e que consolidan a deterioración da sanidade pública.