Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade e as comunidades reducen a corentena dos positivos asintomáticos a sete días

Sanidade e as comunidades reducen a corentena dos positivos asintomáticos a sete días

Os non vacinados que sexan contactos estreitos dun positivo tamén verán reducido o seu illamento a sete días

Acordo por unanimidade da Comisión de Saúde Pública, representada polas comunidades autónomas e o Ministerio

A vindeira semana reunirase o Consello Interterritorial de Saúde e as sectoriais de Educación e Sanidade para establecer a volta ás aulas

G24.gal 29/12/2021 16:31

A Comisión de Saúde Pública, representada polas comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, acordou por unanimidade reducir a corentena dos positivos por covid-19 a sete días, fronte aos dez actuais.

Igualmente os non vacinados que fosen contactos estreitos dun positivo tamén verán reducido o seu período de illamento ata os sete días, en comparación cos dez que se mantiñan ata agora.

A norma xa establecía que os vacinados que eran contacto estreito non tiñan que facer corentena.

Reunión con Educación e Universidades

A próxima semana reuniranse o Consello Interterritorial de Saúde e as conferencias sectoriais de Educación e Universidades. Carolina Darias asegurou que "o modelo educativo de presencialidade é un éxito e é o modelo do Goberno de España, porque as aulas son espazos seguros".

Minuto a minuto

19:02

Comezo da conferencia de prensa tras a Interterritorial de Sanidade

19:07

A ministra de Sanidade informa que os maiores de 70 presentan un ritmo de contaxio menor, e subliña que as vacinas funcionan

19:09

Carolina Darias asegura que a maior incidencia se atopa nos grupos de idade entre os 20 e os 29 anos e entre os 30 e 39 anos

19:10

Darias afirma que a variante ómicron ocupa xa case todo o espazo

19:11

Carolina Darias fai unha chamada á vacinación dese "porcentaxe mínimo" de persoas que aínda non o fixeron

19:13

A ministra de Sanidade informa de que máis de 48 millóns de doses foron doadas a países de América Latina e África

19:15

Establécense nas competicións deportivas unha ocupación máxima en exteriores do 75 % e o 50 % en recintos pechados, co uso obrigatorio de máscara e a prohibición de fumar, comer ou beber. Tamén se recomenda a asistencia de público local.

19:18

Darias informa dos períodos de corentena: redúcese a sete días para vacinados infectados e non vacinados con infección e contacto estreito

19:20

A próxima semana reuniranse o Consello Interterritorial de Saúde e as conferencias sectoriais de Educación e Universidades. Darias asegura que "o modelo educativo de presencialidade é un éxito e é o modelo do Goberno de España, porque as aulas son espazos seguros"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos