Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanidade alerta do risco de ómicron, máis contaxiosa ca outras variantes

Sanidade alerta do risco de ómicron, máis contaxiosa ca outras variantes

O ministerio di que hai evidencias de que é máis contaxiosa e que pode escapar á inmunidade dos soros actuais

Madrid confirma un cuarto positivo por ómicron, o primeiro caso de reinfección

G24.gal 03/12/2021 20:37

O primeiro estudo feito pola Rede de Vixilancia do Xenoma de Suráfrica constata que a variante ómicron é completamente diferente ás anteriores. Máis contaxiosa e con risco de reinfección. Pero constata que a vacinación diminúe a gravidade dos casos e o número de hospitalizacións.

Os virólogos cren que é unha boa noticia. Salvador Macip, investigador da Universidade de Leicester, di que "é moi posible que non faga falta facer ninguha campaña extra de vacinación, que coas doses que xa temos consigamos parar tamén esta variante"

Amós García, presidente da Asociación Española de Vacinoloxía, di que "ao mellor diminúe algo a efectividade polas numerosas mutacións que ten esta variante, pero si que hai unha capacidade protectora coas vacinas actuais"

Así e todo, Sanidade mantén a cautela. Advirte que está aumentando a evidencia de que a ómicron é máis resistente ás vacinas e pode escapar á súa inmunidade. Tamén á que xeraron as outras variantes, é dicir, que quen xa pasou a covid pode volver contaxiarse coa ómicron. De aí a insistencia na precaución.

"Dá igual que se chame alfa, beta, delta ou ómicron. Sabemos que a máscara nos protexe contra todas", asegura a ministra Carolina Darias.

En España hai sete casos confirmados da ómicron. De momento ningún grave. Tres están en Madrid, dous en Cataluña, outros dous nas Baleares.

Madrid confirma un cuarto positivo por ómicron, o primeiro caso de reinfección

A Comunidade de Madrid confirmou o cuarto caso positivo de contaxio pola variante ómicron da covid-19, o primeiro por reinfección.

Trátase dunha moza de 23 anos. O seu contacto está relacionado co home de 62 anos que se contaxiou por transmisión comunitaria. 

A rapaza contaxiouse o pasado verán coa variante Delta. Atópase en bo estado, presenta síntomas leves e está en illamento domiciliario.

Como no resto de positivos, recibira a pauta completa de vacinación, desta volta con Pfizer.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade