Sánchez lamenta a polémica sobre as macrogranxas, mentres Díaz sae en apoio de Garzón
O presidente evita pronunciarse sobre o posible cesamento do ministro de Consumo
A vicepresidenta segunda pídelle a Sánchez "que coide a coalición"
Pedro Sánchez pronunciouse este luns sobre a polémica xerada por unhas declaracións do ministro Garzón en que acusaba as macrogranxas de contaminar, maltratar animais e vender carne de peor calidade. O presidente asegura que lamenta "moitísimo toda esta polémica, porque estamos falando dun sector, o cárnico, que en España produce unha carne de extraordinaria calidade". Aínda así, esquivou, en repetidas ocasións, a pregunta sobre o posible cese de Garzón.
Estas palabras non sentaron ben entre os socios de coalición. A vicepresidenta Díaz saíu apoiar a Garzón: "Creo que o que fixo o ministro foi corroborar o que Goberno de España está defendendo nos seus documentos, que son públicos", aseguroulles aos xornalistas. Tamén lle pediu ao presidente "coidar a coalición" e ser "coidadosos coas nosas palabras".
Pola súa parte, o Partido Popular segue pedindo o cesamento inmediato do ministro de Consumo. Para o presidente de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, queda claro que "Sánchez non é capaz de poñer orde no seu Goberno".