Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez e Von der Leyen desbotan que as eleccións poidan interferir na presidencia española da UE

Sánchez e Von der Leyen desbotan que as eleccións poidan interferir na presidencia española da UE

O mandato arranca oficialmente cunha visita a Madrid do Colexio de Comisarios

G24.gal 03/07/2023 21:02 Última actualización 03/07/2023 21:23

Foto de familia do Goberno co Colexio de Comisarios Europeos desde a Galería das Coleccións Reais para inaugurar oficialmente a presidencia española do Consello Europeo. Un semestre na recta final do mandato comunitario con retos pendentes, como pechar o pacto de migracións e asilo, avanzar na transición enerxética ou reducir a vulnerabilidade da economía europea fronte a outras potencias.

"Imos actuar como un intermediario imparcial, que é o que nos corresponde, facilitando acordos, coordinando debates construtivos, impulsando os expedientes que sigan abertos", asegurou o presidente do Goberno español.

"Este último treito ás veces é o máis dificil. Por iso me comprace contar coa dedicación e o liderado de España", dixo Ursula Von der Leyen.

A presidenta do executivo comunitario e o do Consello Europeo coinciden en que as eleccións en España non teñen por que condicionar os obxectivos do semestre.

"Absoluta normalidade. Non é a primeira vez que durante unha presidencia dun determinado país se celebran eleccións", afirmou Sánchez.

"Independentemente do resultado das eleccións, confío en que o Goberno español e as institucións sexan quen de ter unha presidencia eficaz. E confío no espírito europeo de España", asegurou Von der Leyen.

Sánchez evitou responder neste escenario institucional unha pregunta sobre o avance da ultradereita en Europa. Si o fixo Von der Leyen. Di que ante os extremismos de esquerda ou dereita hai que demostrar firmeza e ofrecer confianza nas políticas realistas.

O Partido Popular destaca a ausencia en Madrid de dez comisarios no inicio da presidencia española. Culpa destas ausencias a Pedro Sánchez por usar de xeito partidista, din, todo o que vén de Bruxelas.

"A presidencia española da Unión Europea estase vendo deslucida no seu comezo polo burdo intento por parte de Pedro Sánchez de utilizar electoralmente todo o que lle veña de Bruxelas. Hoxe veu a Madrid a Comisión Europea e foi unha visita moi deslucida porque tivo un récord de ausencias de comisarios", aseguraba Esteban González Pons, vicesecretario de institucional do PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos