Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez e Feijóo reuniranse antes de fin de ano

Sánchez e Feijóo reuniranse antes de fin de ano

O gabinete do presidente fixo a proposta e o Partido Popular aceptou, pero esixe pactar a orde do día antes do encontro

G24.gal 11/12/2023 21:11

O PP aceptou que o seu líder se reúna co presidente do Goberno, pero esixe pactar primeiro a orde do día antes da data da reunión, tras ofrecer Moncloa tres posibilidades neste mes de decembro.

O gabinete do xefe do Executivo contactou co de Feijóo para propoñer unha reunión antes de fin de ano en que abordar diversos asuntos, como a renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial, ofrecendo dúas datas antes de Nadal e outra máis na semana final do ano.

O Executivo reiterou ao PP a súa proposta de crear unha comisión de traballo para avanzar en tres cuestións que considera prioritarias: a renovación do CXPX, o financiamento autonómico e a reforma do artigo 49 da Constitución para eliminar o termo diminuídos relativo ás persoas con algunha discapacidade

Fontes do PP criticaron que a chamada de Moncloa se producise horas antes de que o Congreso debata a toma en consideración da lei de amnistía e cren que o obxectivo é "apartar a atención dunha cuestión que axita emocionalmente todo o país e supón unha humillación para todos os españois".

Ademais, esixen "pactar o que e o para que antes do cando" e reclaman por escrito unha orde do día, á vez que avanzaron a "intención de Feijóo de incorporar varios temas" ao encontro, sen concretar que outros asuntos quere tratar.

O PP sinala que os equipos de Moncloa e do Partido Popular traballan xa "na procura dunha data" e que Feijóo acudirá á cita con Sánchez "por sentido institucional e democrático", a pesar de que o PP ve a chamada unha forma de desviar a atención da amnistía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade