Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez asume a responsabilidade do accidente de Adamuz e promete transparencia

Sánchez asume a responsabilidade do accidente de Adamuz e promete transparencia

O presidente do Goberno traslada o seu apoio ás vítimas de Adamuz e Gelida e defende a rede de alta velocidade española: "É un orgullo para todo o país"

Elévase a 45 a cifra de falecidos no accidente de Adamuz tras a localización dos dous últimos cadáveres

 

G24.gal 23/01/2026 08:48

O presidente do Goberno Pedro Sánchez asume todas as responsabilidades do accidente ferroviario de Adamuz e asegura que o Executivo xestionará este sinistro e o de Gelida (Barcelona) con transparencia e lealdade institucional.

Nunha comparecencia de prensa tras a reunión do Consello Europeo en Bruxelas, Sánchez trasladou o seu apoio ás vítimas dos dous accidentes. "Quero que saiban que o Estado no seu conxunto vai facer todo o que estea na súa man para axudarlles", manifestou.

Preguntado por se o Goberno asume responsabilidades sobre os dous accidentes mortais, o presidente respondeu: "Asumímolas todas, como estamos a facer desde o primeiro momento da traxedia".​​​​

Tras trasladar o seu orgullo e confianza na alta velocidade española, recoñeceu que o dano é irreparable. Con todo, mostrouse confiado en que as vítimas poidan combatelo co Goberno axudando no que faga falta.

"Por suposto, desde o primeiro minuto desta crise, desta traxedia, imos responder como respondemos a calquera das crises a que nos enfrontamos durante este últimos oito anos: con absoluta empatía cara ás vítimas, con absoluta transparencia e con cooperación entre institucións, porque temos competencias repartidas", subliñou.

Sánchez tivo palabras de agradecemento para os servizos de emerxencias e para a cidadanía, que se implicou no accidente. "A súa xenerosidade, a súa empatía, a súa humanidade, tamén a súa profesionalidade, son o mellor testemuño do país que é España".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade