Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sánchez esgrime o 'non á guerra' en favor de España e o PP ve un "non á democracia"

Sánchez esgrime o 'non á guerra' en favor de España e o PP ve un "non á democracia"

O conflicto polariza a política en España. Sánchez insiste no "non á guerra" e os populares acúsano de empregar a política interncional como vía de escape dun goberno, din, marcado pola corrupción e a decadencia

G24.gal 07/03/2026 17:40

O cruzamento de reproches pola guerra en Oriente Medio aviva a tensión entre os partidos, co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, que chama "hipócritas" a Vox e PP por apoiar un conflito que prexudicará ao peto dos españois, ao que os populares replican que o 'non á guerra' é un "non á democracia".

A campaña electoral en Castela e León serviu este sábado como escenario para que PSOE, Sumar e Podemos escenifiquen o 'non á guerra' de Estados Unidos e Israel contra Irán.

Sánchez protagonizou un mitin en Soria no que se alternou o lema, recuperado de José Luis Rodríguez Zapatero, coa bandeira de España nunha pantalla xigante.

Alí, o xefe do Executivo acusou aos líderes do PP e Vox, Alberto Núñez Feijóo e Santiago Abascal, de "hipócritas" por apoiar unha guerra que vai prexudicar aos españois ao "encarecer o seu día a día" e díxolles que "é moi fácil ser belicoso á conta do peto dos demais".

"Feijóo non vai pagar o gas ou a calefacción dos españois nin Abascal a gasolina dos tractores, pero ambos apoian a guerra de Trump en Irán", criticou Pedro Sánchez.

Tellado acusa o Goberno de dicir “non á democracia” coa súa postura de “non á guerra”

O PP contraatacou a través do seu secretario xeral, Miguel Tellado, que dixo que Sánchez "manexa o 'non á guerra', pero en realidade está a dicir non á democracia” e acusoulle de levar a España a abandonar aos seus aliados internacionais.

Tellado cre que a postura do Executivo supón "unha deterioración da imaxe exterior" de España e, ao seu parecer, Sánchez “ten que buscar inimigos no exterior para tapar as miserias do interior do seu propio Goberno”.

 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade