Sánchez anuncia este luns a remuda no Goberno de Pilar Alegría
Alegría deixa o Goberno para concurrer ás eleccións autonómicas de Aragón do próximo 8 de febreiro como candidata á presidencia
Pilar Alegria á saída da conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros o pasado 16 de decembro. Foto:EFE/Mariscal
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, fará unha declaración institucional este luns á primeira hora desde o pazo da Moncloa para anunciar a substitución de Pilar Alegría, ministra portavoz e tamén titular de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Sánchez explicará o alcance desta nova remodelación no seu gabinete, motivada pola marcha de Alegría para competir nas eleccións autonómica de Aragón do próximo 8 de febreiro, nas que se presenta como candidata á Presidencia da comunidade autónoma.
Só se sabe que será unha muller a designada para actuar como portavoz do Goberno nesta nova etapa, segundo confesou o propio presidente.
Descoñécese se os cambios se limitarán á substitución de Alegría por outra ministra, coas súas mesmas competencias, ou se irán máis aló en caso dalgunha reestruturación das mesmas.
A declaración de Pedro Sánchez convocouse ás 8:30 da mañá.
Pilar Alegría á chegada á conferencia de prensa do pasado martes. EFE/Mariscal