Publicador de contidos

Publicador de contidos

España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de 16 anos

España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de 16 anos

O presidente do Goberno di que "é necesario facer das plataformas dixitais un espazo seguro" e advirte de sancións ás empresas e aos seus directivos que non retiren "contidos de odio e ilegais"

Arquivo (Europa Press)
G24.gal 03/02/2026 10:31 Última actualización 03/02/2026 14:34

O presidente do Goberno español, Pedro Sánchez, anunciou este martes que España prohibirá o acceso ás redes sociais a menores de 16 anos e adoptará outras medidas para aumentar o control das plataformas dixitais, entre elas sancións para as empresas e os seus directivos que non retiren "contidos de odio e ilegais".

Sánchez fixo anuncio na súa intervención ante o plenario do Cumio Mundial de Gobernos que se celebra en Dubai e na que participan unha trintena de xefes de Estado e de Goberno.

Para Sánchez, é necesario facer das plataformas dixitais un espazo saudable e, por iso, anunciou que a próxima semana o seu Goberno aprobará unha serie de medidas, entre elas, esa prohibición de acceso ás redes sociais a menores de 16 anos. 

Estas medidas aprobaranse a próxima semana no Consello de Ministros, e con elas quérese obrigar ás plataformas dixitais a implantar sistemas efectivos de verificación de idade, así como crear un sistema de "rastrexo cuantificación e rastrexabilidade" que permita establecer unha "pegada de odio e polarización".

Ademais pretende abordar xunto á Fiscalía, as vías para investigar as posibles infraccións legais de empresas como Grok, TikTok e Instagram.

Sánchez xa anunciara a súa intención de pedir responsabilidades aos directivos destas plataformas, e este martes concretou as medidas que vai poñer en marcha o seu Goberno.

Así, asegurou que, para impedir a súa impunidade, serán legalmente responsables das infraccións que se cometan nas plataformas dixitais das que son responsables.

Ademais, tipificarase como delito a manipulación dos algoritmos e a amplificación de contido ilegal.

Feijóo lembra que a proposta de prohibir redes a menores de 16 fíxoa o PP

O líder do PP, Alberto Núñez Feijóo, lembroulle ao presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que a proposta de limitar o acceso a redes sociais a menores de 16 anos xa a fixo o Partido Popular cando presentou as súas emendas á lei de protección de menor en contornas dixitais.

En Teruel, nun acto da campaña de Aragón para as eleccións do próximo domingo, Feijóo lembrou que, nunha desas emendas, o PP expuxo prohibir o acceso a redes a menores de 14 anos e permitilo entre os 14 e 16 só con autorización paterna.

"O presidente do Goberno polo menos debería pagarnos o copyright desa proposta", resolveu Feijóo, quen ironizou sobre o feito de que Sánchez fose presentar a proposta a Dubai, cando o PP expúxoa "a poucos metros da Moncloa o ano pasado". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade