Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sanmartín acudirá a entrega das Medallas de Galicia o 24, pero critica o acto coa princesa Leonor "para branquear a monarquía"

Sanmartín acudirá a entrega das Medallas de Galicia o 24, pero critica o acto coa princesa Leonor "para branquear a monarquía"

A alcaldesa de Santiago cre que non se pode seguir afondando nos privilexios da monarquía

A alcaldesa de Santiago, durante a entrevista no 'Bos días' da Televisión de Galicia
G24.gal 15/07/2025 10:33

A alcaldesa de Santiago, a nacionalista Goretti Sanmartín, xustificou nunha entrevista no Bos días da Televisión de Galicia a súa ausencia no acto de entrega da Medalla de Galicia á princesa Leonor. Na súa opinión, tratouse dun acto para branquear a monarquía. Non entende que se convocase esta entrega separada da prevista para o vindeiro día 24, á que si asistirá como representante institucional do Concello de Santiago.

Para Sanmartín, non se pode seguir afondando nos privilexios da monarquía.

Sanmartín confirmou tamén que asistirá os actos institucionais da recepción en Raxoi o vindeiro día 25 de xullo, pero non aos relixiosos. A alcaldesa compostelá aproveitou para convidar a todos os galegos ás festas.

Sobre a situación interna na corporación compostelá, logo da marcha ao grupo mixto de catro concelleiros do grupo socialista, falou de novo da necesidade de facer un esforzo a prol do diálogo. Culpou ademais o Partido Popular por bloquear, dixo, asuntos importantes para a cidade.  

Sanmartín fixo un chamamento á responsabilidade de todo o mundo.

Na entrevista, a alcaldesa falou tamén da nova taxa turística de Santiago, que podería entrar en vigor a primeiros de agosto. Será a primeira cidade galega en facelo.

"Nas próximas semanas vaise levar a pleno e poderá ser xa unha realidade", anunciou.

Asegurou que é necesario ademais un cambio de modelo turístico, un modelo sustentable.

Zona en tensión

A alcaldesa compostelá referiuse ademais á política de vivenda. Confía en que a Xunta aprobe a declaración de Santiago como zona en tensión de vivenda.

"Non se entendería con eses datos que temos que a Xunta de Galicia non fixese esa declaración", asegurou.

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade