Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sáenz de Santamaría di que non tivo constancia da operación Kitchen cando estaba no Goberno

Sáenz de Santamaría di que non tivo constancia da operación Kitchen cando estaba no Goberno

A exvicepresidenta negou que o CNI que ela dirixía puxese en marcha ningunha iniciativa para contrarrestar os efectos de Gürtel e dos papeis de Bárcenas

Arenas di non lle consta que o PP buscase gravacións de Bárcenas sobre os ingresos "extracontables" do partido

Fernando Sánchez/Europa Press Fernando Sánchez/Europa Press
G24.gal 27/04/2026 12:31

A exvicepresidenta do Goberno Soraya Sáenz de Santamaría asegurou non ter constancia da operación Kitchen durante a súa época no Goberno, e negou tamén que desde o CNI que ela dirixía puxesen en marcha ningún tipo de iniciativa para contrarrestar os efectos de Gürtel e dos papeis de Bárcenas.

Na súa declaración como testemuña no xuízo do caso Kitchen, que durou pouco máis de vinte minutos, Sáenz de Santamaría respondeu a maior parte das preguntas dos avogados da acusación popular -Podemos e PSOE- cun lacónico "non" ou un "non recordo".

Tamén se escudou no declarado o pasado xoves polo expresidente do Gobierno Mariano Rajoy cando se lle preguntou se coñecía ao avogado Javier Iglesias, ao que presuntamente o PP enviou á prisión de Soto del Real a negociar co extesorero Luis Bárecnas cando en 2013 ingresou en prisión provisiobal.

Tras negar que coñecese a este letrado, preguntóuselle se sabía se este lle contou a Mariano Rajoy o falado en prisión con Bárcenas, ao que respondeu: "O que declarase o señor Mariano Rajoy, ben declarado está".

Arenas di que Bárcenas esperaba que a chegada do PP a Moncloa o beneficiase na Gürtel

O senador do PP Javier Arenas declarou no xuízo da operación Kitchen que o extesoureiro do PP Luis Bárcenas esperaba que a chegada do PP ao Goberno supuxese cambios na investigación do caso Gürtel, en concreto respecto aos fiscais ou a policía xudicial, aos que acusaba de imparcialidade.

O exsecretario xeral do PP, que declarou este luns como testemuña, admitiu que mantivo dous encontros con Bárcenas, un deles a finais de 2012 en Sevilla, e outro entres 2013 e 2015.

No de Sevilla, explicou, estaba moi "enfadado" pola falta de parcialidade e obxectividade de fiscais e policías que lle investigaban.a finais de 2012 mantivo unha reunión con Bárcenas en Sevilla, en que, segundo relatou, este díxolle que sempre actuara acorde á lei, e denunciou a falta de imparcialidade e obxectividade dos fiscais e policías que lle investigaban no caso Gürtel.

Aquela reunión produciuse co PP xa no Goberno e, segundo Arenas, Bárcenas "pensaba que se podía producir unha conduta de cambios aí desde o PP no Goberno", en "as persoas responsables que estaban a levar a súa investigación xudicial como a Policía Xudicial ou a Fiscalía". 

Arenas e as gravacións de Bárcenas

O segundo encontro do senador do PP con Bárcenas sitúao entre 2013 e 2015, cando formaba parte da dirección do PP. Nel estaba a muller do extesoureiro, Rosalía Iglesias, e o entón líder do PP e presidente do Gobierno Mariano Rajoy. Nel falouse de como quedaba a situación do extesoureiro.

"Foi unha reunión humana, dunha persoa que traballara moitos anos no partido e a súa muller, que é unha persoa moi educada e practicamente non falou e desde logo os temas económicos estiveron ausentes", explicou.

O relato de Arenas afástase do feito por Bárcenas, que na súa declaración como testemuña sostivo que falara a Arenas nun restaurante de Sevilla sobre "ingresos extracontables do PP" e de "quen cobraba do partido", e que gravara aquel encontro, e falou ademais doutra gravación dunha reunión na que Rajoy destruiría unha fotocopia da contabilidade B do PP.

Ao respecto dunha suposta gravación en Sevilla, Arenas dixo que non percibiu inquietude no seo do PP, onde observaba "tranquilidade" e que "non se falaba desas cuestións".

Cando a letrada do PSOE Gloria de Pascual lle preguntou se lle consta que o Partido Popular intentase atopar, buscar ou verificar a existencia destas gravacións, respondeu: "Baixo ningún concepto me consta".

E ao replicar a letrada como entende entón que houbese persoas buscándoas ou intentando destruílas dixo que en prensa viu "un asunto de que unha persoa estaba encargada de destruír iso que logo non se destruíu", en alusión ao suposto encargo de Bárcenas a un preso, e que lle parece "un asunto moi confuso".

"Eu descoñezo absolutamente a conduta desas persoas ás que vostede se refire, entre outras cousas porque nin sequera os coñezo".

Sostivo que a primeira vez que viu materialmente os papeis de Bárcenas foi en sede xudicial, na súa declaración ante o xuíz instrutor do caso Gürtel, en agosto de 2013, aínda que antes os coñecera pola prensa.

Tamén dixo que a súa "amizade" con Bárcenas desapareceu coa publicación sobre a contabilidade en B e cando se coñeceu que o extesorero ocultaba unha fortuna millonaria en Suíza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade