Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sabadell-Deportivo, este xoves ás 19:00 na TVG

Sabadell-Deportivo, este xoves ás 19:00 na TVG

Partido especial para Antonio Hidalgo, que volve á que foi a súa casa

Oportunidade para os canteiráns

O Sabadell só perdeu un partido no que vai de Liga

G24.gal 03/12/2025 18:52

O Deportivo volve á Copa, o torneo que lle serviu de bálsamo na anterior rolda. A partir da vitoria ante o Sámano, o equipo de Antonio Hidalgo recuperou a forza e as formas. 

O técnico dos herculinos recoñece que "a Copa sempre é estimulante, é unha competición moi bonita. Evidentemente sabemos cal é a nosa prioridade, que é a Liga".

O rival nesta rolda será o Sabadell, que é terceiro no grupo 2 de Primeira Federación. No que vai de Liga só perdeu un encontro, e como apunta o adestrador branquiazul: "O outro día perderon o seu primeiro partido, non recibiron gol na casa, son un equipo ben traballado, moi sólido". 

O partido será especial para Antonio Hidalgo. O Sabadell faralle unha homenaxe na previa. "Son abonado, son socio do club, podedes imaxinar o que iso significa. Pasei moitísimo tempo como xogador e como adestrador".

Antonio Hidalgo revelou que Mulatieri e Samu poderían ser titulares nun partido que poderán ver en directo este xoves a partir das 7 da tarde na nosa primeira canle.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade