Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rusia permitirá a Europa pagar o gas en euros que o Gazprombank converterá en rublos

Rusia permitirá a Europa pagar o gas en euros que o Gazprombank converterá en rublos

O banco ruso Gazprombank será o encargado de converter as divisas en rublos

G24.gal 01/04/2022 08:19

Rusia permitirá aos países europeos pagar o gas natural que lles subministra en euros despois da negativa da maioría deles a modificar os contratos en vigor.

Para facer estes pagamentos, os países que o Kremlin considera hostís, todos os da Unión Europea, deberán abrir unha conta especial no banco ruso Gazprombank, que será o encargado de converter as divisas en rublos.

Por mor das sancións impostas pola comunidade internacional pola invasión de Ucraína, Rusia non pode operar con divisas, e a maioría dos seus bancos foron desconectados do sistema interbancario global.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade