Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Rusia ataca Ucraína horas despois de que abandonase Moscova o presidente chinés
Hai polo menos oito mortos por un ataque con proxectís e avións non tripulados en varias cidades do país
                            G24.gal
                        
                            22/03/2023 20:31
                        
                        
                                Última actualización 22/03/2023 21:24
                        
                        
                    
                    Rusia lanzou hoxe un novo ataque sobre Ucraína horas despois de que o presidente chinés Xi Jingping abandonara Moscova.
O ataque con proxectís e avións non tripulados deixou polo menos oito persoas mortas, sete delas na rexión de Kíiv.
Tamén foi atacado un edificio na localidade de Zaporijjia, onde está a maior central nuclear de Europa.
Os ataques coinciden cunha nova vista do presidente Zelenski a Bakhmut, escenario dos combates máis intensos entre os exércitos ruso e ucraíno.
 
         
                
                
				   
             
    
         
                 
    
         
    
         
    
         
            
         
            
         
            
        