Rueda visita a Feira do viño de Amandi e reiteira o compromiso co sector
A Xunta destina este ano 12 millóns de euros en axudas ao sector vitivinícola
Unha das achegas é para conservar os viñedos da Ribeira Sacra
Sober acolle esta fin de semana a 46 edición da Feira do viño de Amandi. Unha cita de referencia para poñer en valor os caldos desta subzona da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, que o ano pasado acadou unha produción de máis de 4,6 millóns de quilos de uva, cun valor estimado superior aos 20 millóns de euros.
O presidente da Xunta visitou esta tarde as casetas da feira acompañado pola conselleira do Medio Rural. O goberno galego mantén o compromiso de apoiar o sector vitivinícola cun investimento este ano de 12 millóns de euros en diferentes liñas de axuda. Unha destas achegas está destinada á conservación dos viñedos na Ribeira Sacra.