Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda viaxa á Arxentina e O Uruguai para atraer a Galicia traballadores cualificados

Rueda viaxa á Arxentina e O Uruguai para atraer a Galicia traballadores cualificados

A viaxe tamén lle vai permitir a Rueda estar a carón da colectividade galega no exterior e reforzar as relacións institucionais coa Arxentina e co Uruguai

G24.gal 04/03/2025 13:54

O presidente da Xunta inicia este xoves unha viaxe oficial á Arxentina e O Uruguai. É a terceira visita de Alfonso Rueda á Arxentina dende que é presidente do Goberno galego.

Desta volta Rueda vai participar nunha das feiras de emprego organizadas pola Xunta para atraer a Galicia traballadores cualificados e facilitar que as empresas galegas cubran vacantes en sectores estratéxicos.

"Queremos axudar a moitos empresarios galegos que están buscando persoas para cubrir aquí vacantes e non son capaces de facelo", explicou o presidente do Goberno galego.

A viaxe tamén lle vai permitir a Alfonso Rueda estar a carón da colectividade galega no exterior e reforzar as relacións institucionais con estes países. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade