Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda ve "urxente" a convocatoria de MIR para cubrir a falta de médicos

Rueda ve "urxente" a convocatoria de MIR para cubrir a falta de médicos

Alfonso Rueda di que se varias autonomías se sumaron ao manifesto en defensa da atención primaria de Galicia e o País Vasco é porque "é certo e urxente"

G24.gal 06/07/2022 11:52

O presidente da Xunta Alfonso Rueda di que se varias autonomías se sumaron ao manifesto en defensa da atención primaria de Galicia e o País Vasco é porque "é certo e urxente" o que a Xunta reclama dende hai meses. O xefe do Goberno galego defende que a única solución é que o Goberno central acceda a convocar máis prazas MIR.

"Coincidimos moitas comunidades autónomas, fóra de ideoloxías políticas, porque as comunidades autónomas somos as que xestionamos a sanidade e somos as que de verdade coñecemos os problemas e coñecemos as solucións. É urxentísimo que o Estado se decida a crear esas 1.000 prazas de MIR para poder ter eses médicos que poidan cubrir as vacantes, se non, non vai poder ser e os problemas van seguir crecendo", explicou hoxe Alfonso Rueda. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade