Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reivindica a política de vivenda da Xunta e acusa a Rufián de "apuntalar" a Sánchez

Rueda reivindica a política de vivenda da Xunta e acusa a Rufián de "apuntalar" a Sánchez

O presidente da Xunta acusa o Goberno central de tomar decisións que prexudican a Galicia

Alfonso Rueda conversa co presidente do Senado, Pedro Rollán, Álvaro Nieto, director de "The Objective", e co alcalde de Madrid, José Luis Almeida (/EFE/ David Fernández)
G24.gal 20/02/2026 13:38

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, cre que a proposta de Gabriel Rufián para unir os partidos de esquerda con vista ás eleccións xerais é unha "operación para manter cadeiras e apuntalar a Sánchez" na Moncloa. Díxoo durante un encontro informativo organizado por The Objetive este venres en Madrid.

No acto, ao que asistiron o alcalde de Madrid, José Luis Martínez-Almeida; a expresidenta de la Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre; e o presidente do Senado, Pedro Rollán; o xefe do Goberno galego dixo non saber se o BNG se sumaría a esa alianza e afirmou que os partidos que liderou Yolanda Díaz "xa non existen".

O presidente da Xunta acusou o Goberno central de tomar decisións que prexudican a Galicia, como a falta de investimentos de fondos europeos ou recursos a leis autonómicas no Constitucional, como pasou coa do litoral e agora coa repotenciación dos parques eólicos. "Tan exquisitos coa Constitución en todo o que facemos nós e tan permisivos con outras comunidades. Hai unha desigualdade de trato enorme. Galicia non está ben tratada".

Alfonso Rueda destacou ademais aposta da Xunta en materia de vivenda, que ten fixado como obxectivo construír 6.000 máis en seis anos (desde o inicio da lexislatura, en 2024, ata 2030). Delas, xa hai 3.000 que están en marcha e a previsión é que as primeiras chaves se poidan entregar este ano, mentres, engadiu, o Goberno central aínda "non fixo unha en Galicia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade