Rueda pídelle ao Goberno que "estea á altura" co AVE Vigo-O Porto
O presidente da Xunta dixo agardar que España e Portugal se coordinen no próximo cumio hispano-luso para que a obra estea rematada no 2030
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pídelles a este e aos seguintes gobernos de España prazos e presupostos para o AVE entre Vigo e O Porto. Nun encontro sobre infraestruturas transfronteirizas que se celebrou este luns en Vigo, Rueda dixo que espera que no cumio hispano-luso que se vai celebrar este mes, España e Portugal se coordinen para que a obra estea rematada no 2030.
"O que queda pola parte portuguesa é cumprilo, e estamos seguros de que o van facer. E o que queda pola parte española é estar á altura agora e a quen lle toca no futuro. Os compromisos teñen que empezar xa", dixo o presidente da Xunta.