Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfonso Rueda pídelle ao Goberno que active o plan de vivenda

Alfonso Rueda pídelle ao Goberno que active o plan de vivenda

O presidente galego lembra que a Xunta vai duplicar nesta lexislatura o parque público de vivendas e pídelle a Sánchez que tamén tome medidas para facilitar o acceso a un fogar, sobre todo aos mozos

 

EFE/JJ Guillén
G24.gal 26/11/2025 13:23

Alfonso Rueda asegura que o vindeiro ano estarán en marcha en Galicia os 4.000 inmobles comprometidos pola Xunta para esta lexislatura. O obxectivo é duplicar o parque público de vivenda chegando ás 8.000.

Os mozos terán prioridade para acceder a un destes fogares: "Destas 4.000 novas vivendas, o 40 % das que vaian en alugueiro social estarán reservadas para os mozos e o 25 % das que vaian en venda. Ademais haberá rebaixas fiscais cando decidan comprar no mercado libre", asegurou Rueda. 

O presidente da Xunta  pídelle ao Goberno central que tamén tome medidas. Reclámalle a Sánchez que active o plan de vivenda, que destine máis fondos á construción de inmobles e que poña os pisos da Sareb  no mercado a prezos baixos. 

"Non é normal que o novo plan de vivenda, que Galicia xa dixo que pode adherirse a el, non saibamos a día de hoxe nada del. Non ten sentido que a Sareb, que ten un montón de pisos baleiros, os queira vender a prezo de mercado. Haberá que poñelos a uns prezos máis baixos á nosa disposición, incluso cedelos gratuitamente, co compromiso de que os convertamos en vivenda social, e son centos de miles", asegura.

Alfonso Rueda explicou que desde o ano 2024 o Goberno galego multiplicou por cinco o presuposto para vivenda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade