Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda percorre Pontevedra para apoiar candidatos do PP ás muncipais

Rueda percorre Pontevedra para apoiar candidatos do PP ás muncipais

No Foro de Alcaldesas do PPdeG defendeu o "feminismo dos feitos fronte a palabrería"

G24.gal 17/12/2022 19:35

O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, percorreu este sábado diversos municipios da provincia de Pontevedra para apoiar os candidatos do seu partido para as eleccións municipais, especialmente as mulleres, ás que augurou grandes éxitos.

"En 2023 haberá aínda máis alcaldesas do PPdeG porque mentres haxa mulleres que crean na política seria, o éxito sempre chegará", expresou no marco do Foro de Alcaldesas celebrado este sábado en Mos. Nel participaron 24 alcaldesas e 600 concelleiras, ás que animou a "seguir traballando para manter a estabilidade fronte ao ruído" e a contar coas maiorías necesarias "para evitar malas xestións e pactos de perdedores".

Alfonso Rueda reivindicou a defensa "sen complicacións" da igualdade que levan a cabo as mulleres e os homes do Partido Popular de Galicia e instou aos seus militantes "para seguir avanzando con feitos na loita contra a violencia machista" e loitar para "a construción da igualdade real todos os días, fóra de consignas e poses".

Destacou que Galicia é a Comunidade con menor taxa de paro feminino do conxunto de España e sinalou que "por cada euro que o bipartito PSdeG-BNG inviste en igualdade, violencia de xénero e conciliación, o Goberno do Partido Popular inviste catro".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade