Rueda: "Nos 313 concellos tamén se presenta Pedro Sánchez"
Rueda: "Nos 313 concellos tamén se presenta Pedro Sánchez"
O presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, reivindicou a capacidade de xestión e de gañar eleccións de Alberto Núñez Feijóo ante as críticas de Pedro Sánchez e do PSOE ao líder do PP. Fíxoo no acto de presentación dos candidatos autonómicos ás eleccións de maio que se celebrou este sábado en Zaragoza.
"Quen queira saber saber o que é un gobernante que sabe facer as cousas, que veña a Galicia e nos pregunte aos galegos que lle demos catro maiorías absolutas a Feijóo", dixo Rueda.
E para levar a Feijóo á Moncloa, di o presidente do Partido Popular de Galicia, hai que gañar as eleccións de maio. Rueda anima a traballar intensamente as dezaseis semanas que quedan para as municipais.
"Temos 313 probas que superar e eu non vou deixar de recordarlle ao PSOE que nos 313 concellos tamén se presenta Pedro Sánchez. Isto hai que dicilo porque van intentar ocultalo dende o primeiro momento".