Publicador de contidos
Publicador de contidos

Rueda: "Fronte a un Goberno empeñado en subir impostos, en Galicia baixámolos"

Rueda: "Fronte a un Goberno empeñado en subir impostos, en Galicia baixámolos"

O presidente do PPdeG considera que os orzamentos da Xunta deben servir para apoiar as persoas que máis o necesitan

G24.gal 25/09/2022 19:03

Alfonso Rueda insiste en que o PP vai seguir baixando impostos porque é, asegura, o que a xente necesita. Díxoo na xuntanza dos populares de Mos, á que asistiron un milleiro de persoas, un acto que para Rueda é a demostración da unidade e fortaleza do seu partido.

O presidente dos populares galegos defendeu que os orzamentos da Xunta para o ano 2023, que vai presentar o martes no Parlamento, deben servir para apoiar as persoas e sectores que máis o precisan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade