Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda e Jácome acordan avanzar na construción dun parque acuático termal en Ourense

Rueda e Jácome acordan avanzar na construción dun parque acuático termal en Ourense

Na xuntanza tamén acordaron avanzar na construción do novo centro integral de saúde e a nova residencia de maiores na cidade

Os dous mandatarios avaliaron o proxecto de plantar 10.000 árbores frondosas en Ourense para paliar a calor  

G24.gal 04/10/2023 17:51

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, destacaron hoxe a súa disposición para colaborar no proxecto de construción dun parque acuático termal que sitúe a cidade como referente nesta materia. 

Rueda aclarou que existe a posibilidade de financiar este proxecto a través dos fondos Next Generation, aínda que precisou que para iso é necesario contar con máis datos por parte do Concello xa que para acceder a estas axudas é preciso cumprir unha serie de requisitos. Neste momento "hai un anteproxecto, pero que debe concretarse moitísimo máis", esgrimiu Rueda, quen deixou claro que a Xunta "non ten documentación suficiente" respecto diso.

Na xuntanza que mantiveron este mércores Rueda e Jácome tamen chegaron a un principio de acordo para avanzar na construción do novo centro integral de saúde e a nova residencia de maiores na cidade. 

O alcalde ourensán asegurou que o encontro foi cordial e produtivo.  Nel tamén avaliaron o proxecto de plantar 10.000 árbores frondosas na cidade para paliar a calor e a futura incorporación de Ourense no sistema de transporte metropolitano da Xunta. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos