Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda di que Sánchez non pode gobernar porque ten que resolver problemas xudiciais

Rueda di que Sánchez non pode gobernar porque ten que resolver problemas xudiciais

O presidente do PPdeG fixo estas declaracións no congreso do Partido Popular de Ponteareas que elixiu a Nava Castro como presidenta local do PP

G24.gal 02/11/2025 14:56 Última actualización 02/11/2025 15:14

Alfonso Rueda referíuse esta mañá á comparecencia de Pedro Sánchez no Senado. Foi no congreso do Partido Popular de Ponteareas que elixiu a Nava Castro, actual alcaldesa desta localidade, como presidenta local do PP.

Rueda asegurou que Sánchez non contestou ás preguntas porque non pode dicir a verdade.  O presidente do PPdG contrapuxo o modelo de xestión da Xunta coa parálise do Goberno Central.

"Se tes a cabeza en mil líos xudiciais provocados ou permitidos por ti mesmo non tes tempo para gobernar. Eu quero que cada vez máis nos diferenciemos de todo iso. Quero que cada vez máis se vexa a diferencia entre os que ideoloxizan, polarizan, están todo o día á gresca e os que creemos que gobernar e xestionar o día a día é fundamental", asegurou Alfonso Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade