Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda asegura que a Xunta vai tomar "medidas valentes" contra o absentismo

Rueda asegura que a Xunta vai tomar "medidas valentes" contra o absentismo

O presidente da Xunta pide a implicación de traballadores e empresarios e critica a quen negue a problemática

O director xeral de Vegalsa asegura que as baixas son a principal preocupación da empresa e apoia as medidas anunciadas pola Xunta para combater o problema en Galicia

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, no XI Encuentro coa Industria Alimentaria Vegalsa-Eroski (EFE/Lavandeira jr)
G24.gal 15/05/2026 14:05

A compañía galega Vegalsa-Eroski alerta do impacto do absentismo laboral na produtividade e aplaude a mesa de Diálogo social impulsada pola Xunta para abordar os desafías do mercado laboral. 

José Manuel Ferreño, director xeral de Vegalsa Eroski, di que están ofrecendo "emprego de calidade para cos nosos medios intentar que esta situación se reverta. Pero non o podemos facer sós, é un tema que teñen que colaborar as distintas partes por iso é unha boa idea que se crease a mesa de diálogo social".

Alfonso Rueda asegura que o problema das baixas esixe unha solución conxunta: "Imos tomar medidas valentes que tampouco van funcionar se a outra parte, as persoas que contratan e os traballadores, non se implican, e non facemos isto conxuntamente non funcionará".

O produto de proximidade ten cada vez máis peso na cadea alimentaria. Case a metade dos provedores cos que traballa Vegalsa-Eroski son socios locais. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade