Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca o "magnífico nivel" do ensino galego

Rueda destaca o "magnífico nivel" do ensino galego

O presidente celebrou o 50 aniversario do CEIP Antonio Palacios do Porriño

G24.gal 13/12/2022 15:02

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, defende que o Goberno galego seguirá "priorizando" os investimentos no ensino como demostra a achega de case 2.800 millóns que destinará no 2023, a cantidade "máis alta da historia". 

Díxoo nunha visita ao CEIP Antonio Palacios, do Porriño, que cumpre 50 anos. Rueda destacou o nivel da educación galega e valorou o esforzo dos profesionais. Os investimentos nos centros son importantes, dixo, pero sería imposible mellorar a calidade educativa sen a vocación dos docentes.

"Temos un magnífico nivel educativo en Galicia. Ás veces miramos moito para fóra e pouco para dentro", defendeu Rueda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade