Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda destaca as obras de mellora en 400 quilómetros de estradas autonómicas

Rueda destaca as obras de mellora en 400 quilómetros de estradas autonómicas

Nun vídeo difundido en redes sociais, asegura que están a investir 54 millóns de euros este ano na rede viaria

G24.gal 11/07/2026 12:16 Última actualización 11/07/2026 12:59

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca que a Xunta está executando obras de mellora en máis de 400 quilómetros de estradas de titularidade autonómica para aumentar a seguridade dos condutores e conseguir unha mobilidade máis fluída.

Nun vídeo difundido nas redes sociais, o xefe do Goberno galego asegura que a conservación da rede viaria é unha das prioridades do seu Goberno.

Rueda explica que están investindo 54 millóns de euros este ano en obras nas catro provincias para mellorar firmes, correxir curvas, redeseñar interseccións e reforzar a sinalización.

"Facer estradas novas está moi ben, pero manter e conservar as que xa existen tamén é igual de importante", destaca.

O xefe do Goberno galego pídelles ao resto de administracións que "fagan o mesmo esforzo" no mantemento das estradas que son da súa competencia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade