Rueda cualifica a aposta de SAIC por Ferrolterra de "logro colectivo"
O xefe do Goberno galego explicou que detrás desta decisión hai un traballo intenso e que é grazas á "estabilidade institucional e bo clima entre administracións que ofrece Galicia"
Alfonso Rueda reivindicou a aposta da Xunta por aproveitar os recursos naturais para atraer investimentos, algo que tamén defendeu o presidente da Deputación da Coruña
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afirma que a decisión da multinacional chinesa SAIC de elixir Galicia como base en Europa é "un grande logro colectivo e síntoma de que aquí se están facendo as cousas ben". Díxoo durante a súa participación no el V Foro Económico La Galicia que viene, organizado polo xornal EL Español na Coruña.
O proxecto da empresa automobilística prevé un investimento inicial de 200 millóns de euros e a creación de 2.300 empregos nunha primeira fase. O xefe do Goberno galego explicou que detrás desta decisión hai un traballo intenso e que é grazas á "estabilidade institucional e bo clima entre administracións que ofrece Galicia".
Alfonso Rueda reivindicou a aposta da Xunta por aproveitar os recursos naturais para atraer investimentos, algo que tamén defendeu o presidente da Deputación da Coruña. Valentín González Formoso tamén criticou o "populismo político", en referencia ao BNG, que se opón a novos parques eólicos ou a eólica mariña.
O presidente da Xunta animou ademais a aproveitar o impacto económico que pode supoñer para Galicia a celebración do Xacobeo 27, que arranca en menos de seis meses. Alfonso Rueda asegura que será "o grande escaparate" para amosarlle a comunidade ao mundo.