Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reunirase cos líderes da oposición e pediralles remar xuntos para defender Galicia en Madrid

Rueda reunirase cos líderes da oposición e pediralles remar xuntos para defender Galicia en Madrid

Este venres celebrouse a primeira xuntanza do comité executivo do PPdeG

G24.gal 27/05/2022 20:15

Alfonso Rueda presidiu esta tarde a primeira reunión do novo comité executivo do Partido Popular de Galicia, que saíu do congreso extraordinario de Pontevedra.

O presidente do PPdeG pediulle ao seu equipo compromiso máximo con Galicia, o mesmo, di, que lle vai esixir a Pedro Sánchez cando o reciba en Madrid.

Rueda avanza que se vai reunir cos portavoces do BNG e co PSdeG, aos que lles vai pedir que remen todos a unha para defender os intereses de Galicia ante o Goberno de Madrid.

"Eu vounos recibir xa, e pedireilles axudas e o seu compromiso para que cando vaia á Moncloa poida ir en nome de Galicia, non en nome do meu partido. Quero saber que os partidos da oposición me apoian nos asuntos que son fundamentais para Galicia, polos que non podemos esperar máis", di o presidente dos populares galegos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade