Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rueda reúnese cos empresarios en México e aposta por intensificar as relacións comerciais

Rueda reúnese cos empresarios en México e aposta por intensificar as relacións comerciais

O presidente da Xunta tivo unha reunión con empresarios españois e mexicanos no Centro Galego de Cidade de México

Salientou que Galicia logrou en 2022 o récord de 30.000 millóns de euros en exportacións e que México é un socio preferente

G24.gal 17/04/2023 22:33 Última actualización 17/04/2023 22:55

O presidente da Xunta aposta por intensificar as relacións comerciais entre Galicia e México. Alfonso Rueda cre ademais que esas relacións poden ser aínda máis eficaces. Díxoo nun evento con empresarios en Cidade de México, onde tivo unha xuntanza con empresarios españois e mexicanos no Centro Galego de Cidade de México na súa viaxe institucional por Latinoamérica.

Alfonso Rueda díxolles aos empresarios mexicanos que "hai que traballar xuntos" e obter un mutuo beneficio, ademais de insistir en invitalos a investir na nosa comunidade autónoma lembrando a seguridade xurídica de Galicia e a lexislación que facilita a creación de emprego.

Tanto o presidente da Xunta como os empresarios pensan que as relacións hai que aproveitalas para fortalecer os lazos comerciais entre os dous países. Rueda recordou que Galicia recuperou o PIB que tiña previo á pandemia e ademais antes que a media nacional.

Os empresarios mexicanos tendéronlle a man mentres Alfonso Rueda lles contaba as posibilidades en sectores estratéxicos da nosa economía, como a loxística, o sector primario, o turismo ou as enerxías renovables como a eólica mariña ou o hidróxeno verde.

O presidente da Xunta tamén salientou que Galicia logrou en 2022 o récord de 30.000 millóns de euros en exportacións e que México é un socio preferente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos