Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Xunta triplicará os fondos para vivenda nos orzamentos de 2025, ata os 126 millóns

A Xunta triplicará os fondos para vivenda nos orzamentos de 2025, ata os 126 millóns

Rueda anuncia que a Lei de Acompañamento dos Presupostos incluirá a habilitación para que os concellos poidan impoñer a taxa turística

O Goberno galego actualizará o plan eólico, máis de vinte anos, e iniciará a renovación "nas próximas semanas"

G24.gal 08/10/2024 08:28 Última actualización 08/10/2024 13:31

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou no Parlamento que os orzamentos autonómicos para o ano que vén contarán con 126 millóns de euros para solo residencial e construción de novas vivendas, o que supón case triplicar os fondos actuais, e reduciranse os prazos para a tramitación de solo para as protexidas.

Nunha comparecencia no pleno do Parlamento, para explicar as principais liñas dos orzamentos autonómicos de 2025, avanzou que se "facilitará" a conversión de locais comerciais en vivenda, sen necesidade de modificar o PXOM, ou a creación dunha nova sociedade pública para dispoñer de todo o solo residencial de Xestur Galicia.

Tamén concederá durante un prazo excepcional de tres anos a cobertura para recuperar os edificios inacabados que quedaron da crise económica.

 

Estas son algunhas das medidas en materia de vivenda que expuxo Rueda no Parlamento. O presidente destacou que para solucionar este problema "non abonda con apelar á solidariedade dos propietarios" nin tampouco "criminalizalos", senón darlles seguridade aos que desexan alugar.

Taxa turística

Na súa comparecencia ante a cámara, Rueda anunciou que a Lei de Acompañamento dos Orzamentos incluirá a habilitación aos concellos "que o desexen" para que podan aplicar a taxa tusítica, demandada polo Goberno local de Santiago.

O presidente fai un chamamento a acabar coa "turismofobia" e recalca: "Queremos que nos visiten". 

O presidente  solicita ao Goberno que, aínda que non teña presupostos novos, aprobe a entrada en vigor o 1 de xameorde 2025 de bonificaciones fiscales para las empresas patrocinadoras del próximo Xacobeo.

Plan eólico

Na súa intervención, o presidente anunciou que a Xunta empezará nas próximas semanas a traballar na "actualización" do Plan Eólico, "que suma máis de vinte anos".  "Queremos producir máis en menos superficie, con seguridade xurídica e darlle futuro a Galicia", indicou na cámara Alfonso Rueda.

aínda que sen nomealo, Rueda defendeu o proxecto de Altri e tachou de "intolerable" que as "minorías de pancarta e megáfono" tenten boicotealo e amosen "hostilidade" ante as posibilidades de avance e crecimiento de Galicia. O presidente recalca: "Os proxectos industriais teñen que cumprir co medio ambiente. Os que incumpran non poderán asentarse en Galicia".

Exencións fiscais para as herdanzas

Na súa intervención, o xefe do Executivo tamén ratificou que o ano próximo materializarase o compromiso da rebaixa fiscal para que tributen menos as herdanzas entre pacientes colaterais. En concreto, avanzou que "dúas de cada tres herdanzas en Galicia entre irmáns, tíos, sobriños, sogros, cuñados, xenros e noras, estarán totalmente libres de impostos e o terzo restante tributará a partir de 25.000 euros" pero beneficiarase de bonificacións importantes.

O presidente da Xunta Alfonso Rueda salientou que as contas públicas sairán adiante en Galicia "sen sobresaltos, sen estridencias e sen liortas", como vén acontecendo desde 2009, o que demostra, asegura que "Galicia funciona".  

Financiamento autonómico

 O presidente considera que neste ámbito estase a producir "unha emenda á totalidade da España autonómica", polo acordo singular do Goberno central con Cataluña, que será "ruinoso" para Galicia.

Rueda lembrou o informe do Foro Económico que sinala que Galicia podería perder 634 millóns se se materializa o financiamento singular para Cataluña e avisa: "Que non conten con nós baixo ningun concepto. Galicia non vai ser subordinada de ninguén".

 

Plan do litoral

As reclamacións ao Goberno central foron constantes durante a intervención do presidente da Xunta. Alfonso Rueda alertou de que recibiu un documento onte luns, do Ministerio de Política Territorial que "non supón as mellores noticias" no que respecta á xestión do litoral.

Neste senso, o presidente anunciou que Galicia vai esixir que a transferencia desta competencia sexa "exactamente nas mesmas condicións que outras comunidades" e que a Xunta non consentirá "un traspaso en peores condicións". "Nin máis que ninguén nin menos, iso que quede claro", dixo Rueda.

O Goberno galego dedicará 20 millóns de euros das contas públicas a compensar a subida do canon de Sogama, que dixo que está "forzada" pola nova lexislación estatal e, no que respecta ao Servizo de Axuda non Fogar (SAF), negociarase unha senda de alza plurianual, e espera que esta vez o Goberno "cumpra coa súa parte" e teña un "compromiso fidedigno". 

A comparecencia do presidente arrincou despois de que todos os deputados e deputadas da cámara gardaran un minuto de silencio polo asasinato machista de Moaña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos