Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rubiales pide desculpas polo bico a Jenni Hermoso

Rubiales pide desculpas polo bico a Jenni Hermoso

Rubiales: "Se hai xente que se sentiu por isto danada, teño que desculparme, non queda outra"

G24.gal 21/08/2023 15:32 Última actualización 21/08/2023 15:37

Luís Rubiales, presidente da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), pediu desculpas e admitiu que se equivocou tras o balbordo xerado polo bico na boca que lle deu á xogadora Jenni Hermoso durante a entrega de medallas tras gañar o título mundial en Sydney.

Nun vídeo enviado aos medios pola RFEF, Rubiales comeza dicindo que están "ante un feito histórico, un dos días máis felices do fútbol español", o campionato mundial, algo polo que levan "traballando moito tempo" e senten "orgulloso". 

"Pero tamén hai un feito que teño que lamentar, e é todo o que ocorreu entre unha xogadora e eu, cunha magnífica relación entre ambos, do mesmo xeito que con outras, e onde, pois seguramente, equivoqueime. Téñoo que recoñecer, porque nun momento de máxima efusividade, sen ningunha mala intención, sen ningunha mala fe, ocorreu o que ocorreu, de maneira moi espontánea, sen mala fe por ningunha das dúas partes", afirma.

"A partir de aí, aquí non se entendía. Viámolo algo natural, normal, e para nada con ningunha mala fe. Pero fóra parece que se formou un balbordo. Desde logo, se hai xente que se sentiu por isto danada, teño que desculparme, non queda outra", asegura Rubiales.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade