Cargando resultados...
Rubén Guerrero: "Con todo en contra, coma esta vitoria, ningunha na miña vida"
O xogador obradoirista celebrou na Radio Galega o espectacular triunfo ante o Barcelona

G24.gal
04/12/2022 11:52
Última actualización 04/12/2022 11:58
Con catro baixas importantes e ante un dos mellores equipos de Europa, o Obradoiro sumou unha vital e histórica vitoria no Sar. Tras o remate do partido a festa foi total entre corpo técnico, xogadores, afección e medios de comunicación. Así o reflectía Rubén Gerrero.
"Gañáronse partidos difíciles, pero nunca nestas condicións. Coma hoxe, con todo en contra, lesións, ante un dos mellores equipos, nunca o vivín, foi único. Tiñamos rotación corta, e todo o mundo achegou e puxo o seu gran de area. Na última xogada iamos defender, gañamos defendendo".