Rubén Fernández sobe ao podio no GP da China, con Febvre a un paso do título
Herlings foi o gañador da proba da China, a penúltima dun mundial que remata en Australia
Por terceira vez na temporada puidemos ver esta imaxe, a de Rubén Fernández subindo ao podio. Foi en Shanghai, no penúltimo grande premio da temporada, no que completou unha actuación notable e moi regular, sen erros. E con moito mérito xa que as probas disputáronse con 34 graos e unha humidade alta. Así, non son de estrañar as imaxes nada máis concluír.
Na primeira manga Rubén Fernández foi o quinto, sendo superado por Romain Febvre. Na segundo, precisaba ser o terceiro detrás dos inaccesibles Herlings e Gajser. Tivo que superar ao propio Febvre e logrouno cunha manobra decidida e arriscada.
Fernandez tirou proveito de que Fevbre pensaba máis no mundial que na carreira. O francés está a piques de conseguir o título. Chegar á a última carreira, a de Australia, con 47 puntos de vantaxe con só 60 en xogo. O seu único rival, Lucas Coenen, caeu nada máis comezar a segunda manga. A vitoria na China foi para Jeffrey Herlings. Incontestable. Gañou as tres carreiras da fin de semana.