Rubén Fernández sobre ao podio por primeira vez na temporada
O piloto vigués acabou de terceiro en Portugal por detrás de Coenen e de Febvre, novo líder do Mundial
O MXGP visitará Lugo na vindeira proba
Rubén Fernández conseguiu o primeiro podio da temporada no Grande Premio de Águeda, en Portugal. O vigués completou unha fin de semana moi regular e só a nova estrela do MXGP Coenen e o veterano Romain Febvre, novo líder do Mundial, colleitaron máis puntos ca el. Fernández asinou dous terceiros postos nas dúas mangas, moveuse ben nun circuíto moi complicado e tirou proveito da ausencia do seu compañeiro de equipo Tim Gajser que volverá a vindeira proba en Lugo.

Na loita polo Mundial Febvre pasa a ser o líder por diante de Tim Gajser. Coenen está de terceiro e Rubén Fernández xa é quinto presionando a cuarta posición de Glenn Coldenhoff.
