Cargando resultados...
Rubén Fernández remata de quinto en Sardeña un GP dominado por Coenen
O vigués saía desde o décimo cuarto posto da grella, facendo dúas moi boas quendas
G24.gal
12/04/2026 21:20
Cuarta proba do Mundial de Motocross. En Sardeña vivíronse carreiras espectaculares, con caídas como a de Tim Gajser, e cun bo resultado para Rubén Fernández. O vigués concluiu no quinto posto despois de lograr esa posición en cada unha das mangas. Fernández avanza un lugar no Mundial. Agora é o sétimo.
O triunfo foi para o líder, Lucas Coenen, logo dunha emocionante loita ata a bandeira a cadros con Jeffrey Herlings.