Rubén Albés, ex-técnico do Lugo, ficha polo Albacete
Asina por unha temporada e substitúe a Rubén de la Barrera
O banco do Carlos Belmonte xa ten ocupante. Rubén Albés é o elixido para liderar o novo proxecto do Albacete no seu regreso a Segunda Dvisión. A pesar da súa mocidade, o preparador vigués, que asinou por unha tempada, xa conta con experiencia en fútbol profesional -51 partidos nun banco de prata- e cun amplo percorrido no fútbol español e tamén internacional.
En abril de 2021, tras un exitoso paso previo en 2020 polo fútbol romanés no F. C. Hermannstadt, volve a Galicia para facerse cargo do C. D. Lugo cun claro obxectivo: lograr a permanencia do conxunto lucense no último tramo de sete xornadas. Unha empresa nada sinxela, o C. D. Lugo sumaba case catro meses sen gañar, pero que selou con sobresaliente: 11 puntos de 21 posibles.
A súa aventura en Lugo seguiu o curso pasado e de novo demostrou o seu bo facer en Liga SmartBank, conseguindo o obxectivo de maneira doada.