Publicador de contidos

Publicador de contidos

Rouban en dúas igrexas de Vilagarcía na mesma fin de semana

Rouban en dúas igrexas de Vilagarcía na mesma fin de semana

Os ladróns non levaron obxectos de valor, só buscaban cartos

Desfixeron os petos e levaron os donativos dos fregueses

Todos os petos dos santos quedaron desfeitos
G24.gal 13/01/2023 14:36

Con esta é a terceira vez que entran a roubar na igrexa de Sobradelo en Vilagarcía. Nas outras ocasións os ladróns aproveitaron un descoido ou forzaron a pechadura, desta volta sospeitan que quedaron agochados no interior do templo e actuaron de madrugada.

 "O sospeitamos porque claro a porta abrírona, deixárona aberta e saíron por aquí", conta Daniel Espiño, párroco da igrexa de Sobradelo.

Todos os petos están desfeitos e agás algunhas moedas que apareceron tiradas no chan, o resto levárono todo. Descoñecen a contía.

"Non sabemos a cantidade porque facía tempo que non recolliamos".

Por pouco os ladróns atopan os petos baleiros

 "Si, si estaba a piques de recollelo porque era o de Fin de Ano para mandar as contas á parroquia máis á Diocese".

O párroco ten as súas sospeitas da autoría dos feitos pero nesta ocasión decidiu non denunciar.

 "Eu nin sequera fun á policía porque total xa das outras veces... ademais son drogadictos, que vas denunciar?"

Quen si denunciaron foron as monxas agostiñas do convento de Vista Alegre. Na súa igrexa tamén roubaron esa mesma fin de semana. Alí é máis doado entrar

 "E que aquí tiñan sempre aberto, está sempre aberto, xa a mañá cedo xa abren, logo témola Misa, ven moita xente tódolos días e logo pola tarde está aberto tamén, ou sexa que...", relata Alfonso Lafuente, capelán da igrexa do convento de Vista Alegre.

Ademais do roubo, os ladróns forzaron un sagrario e provocaron pequenos danos nunha talla do século XVII. En ambos os dous casos buscaban diñeiro en efectivo e non roubaron outros obxectos de valor. Agora van procurar poñérllelo máis difícil a quen intente volver entrar a polo que non lle pertence.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade