Cargando resultados...
Rouban de madrugada a vivenda de Jose Luis Ábalos en Madrid
O roubo ocorreu na madrugada do martes e os ladróns utilizaron a forza
Levaron obxectos persoais e diñeiro

G24.gal
29/07/2025 13:05
A vivenda do exministro de Transportes e exsecretario de Organización do PSOE José Luis Ábalos foi escenario dun roubo con forza na madrugada do martes. A vivenda atópase na rúa Humilladero, no barrio da Latina (Madrid).
Os feitos ocorreron sobre as 00:10 horas deste martes. Os ladróns levaron obxectos persoais e cartos consigo. Cando a policía chegou, a casa estaba desordenada.
A Policía Nacional abriu unha investigación para esclarecer o que pasou no piso de Ábalos.
A vivenda tamén é propiedade da súa exmuller, quen é cotitular xunto coa filla maior tralo divorcio.