Rosalía estrea ao vivo 'Despechá' na Coruña, tras o seu éxito en menos de 24 horas
Rosalía Vila Tobella ten magnetismo. É unha máquina de conseguir éxitos mundiais e conectar con millóns de persoas e todo o mundo. Pero hoxe a cita é na Coruña, tres anos despois da súa explosiva visita a Santiago.
Todo unha filosofía artística nunha soa pronuncia. Nunha única palabra mete queixa, sensualidade, chulería, medio enfado, ton de "aquí estou eu".
O espectáculo de Motomami ten pantallas e pantallas. Xa non é a morriña daqueles emotivos chisqueiros de concerto, é que ela é tan artista vocal coma visual.
Mesmo en plena actuación pensa nas redes sociais, parte indisoluble da personaxe de Rosalía, parte dun mundo cambiado.
Nacida no flamenco, criada no flamenco experimental, madurada na mestura do clásico e do electrónico, do urbano e da moda. Rosalía acaba de revolucionar o concepto de canción do verán.
Converteu Despechá nun éxito internacional antes mesmo de editala. Non é froito da casualidade: detrás hai traballo, unha bagaxe comercial e unha artista milimétrica. E así nace un éxito con D de diva.