Cargando resultados...
Román Rodríguez agarda que a vacinación infantil se acelere co inicio do ano
Lembra que a maior incidencia da infección se concentra neste colectivo
G24.gal
18/12/2021 17:21
O conselleiro de Educación lembra que a maior incidencia da infección por covid se rexistra entre o grupo de menores que aínda está sen vacinar. Por iso, agarda que o proceso de inmunización deste colectivo avance do xeito máis rápido posible.
"Agardamos que ao inicio do ano estean os menores de cinco a once anos vacinados do xeito máis rápido posible e logremos que a inmunidade chegue tamén a este colectivo, onde se concentra unha gran parte da infección porque é o que está sen vacinar".
Román Rodríguez asegura que a campaña de vacinación en Galicia está funcionando e que o proceso está a ser modélico.