Publicador de contidos

Publicador de contidos

Roi, da peña do Valencia no Carballiño: “Se perdemos, non saio da casa nun mes”

Roi, da peña do Valencia no Carballiño: “Se perdemos, non saio da casa nun mes”

Unha familia da vila forma a única peña do club 'che' que existe en Galicia

Creárona en agradecemento ao presidente das peñas valencianistas

G24.gal 16/12/2021 15:48

Por Zona mixta da Radio Galega pasaron pai e fillo, membros da Peña Valencianista do Carballiño. Claudio Mateo e o seu fillo Roi decláranse moi moi valencianistas:

Claudio: “No medio dos dous mil de hoxe estaremos uns poucos de branco”

Roi: "Somos unha peña familiar, vendo os partidos do Valencia somos entre dous e a frioleira de catro persoas no bar"

Convencidos da vitoria 'che'

Non teñen dúbida ningún dos dous, e o fillo incluso aposta por un 0-5 para estar tranquilos, porque, no caso contrario "non saio da casa"

O pai, igualmente convencido pensa nun 0-3 cando menos e apunta sobre unha posible vitoria do Arenteiro que "se teño que saír será para ir ao traballo, non por ganas"

O xermolo da peña

A peña, contáronnos, formouse pola relación que estableceron, case casual, cun directivo da asociación de peñas do Valencia

Ao pai non lle gusta o fútbol

Curiosa historia a de Claudio e Roi porque o fillo, de vinte anos, é o que meteu o verme do valencianismo ao pai

Claudio: "A min nin me gustaba o fútbol, fíxenme do Valencia por Roi, que é moi afeccionado"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar