Rodri Escudero deixa o Pontevedra ao bordo do precipicio
Brais Abelenda marcou un dobrete para empatar o partido no minuto 82 pero dous goles do dianteiro talaverano no treito final deciden
Con nove puntos por xogar o Pontevedra queda a seis da salvación
O Pontevedra perdeu no campo do pechacancelas Talavera e queda ao borde do descenso (4-2). Un partido no que o protagonista foi o dianteiro local Rodri Escudero, autor de catro goles.
Xogaba moito o equipo de Juan Señor, pero no primeiro tempo non o amosou. A superioridade local resultou manifesta e os dous goles de Escudero facían xustiza ao que se vía sobre o céspede do Prado.
Na segunda metade recortou diferenzas Brais Abelenda ao pouco de comezar. Mellorou o Pontevedra pero non xeraba ocasións na portería local. O Talavera perdoaba e iso acabouno aproveitando o propio Brais para empatar no minuto 82.
Foi un espellismo porque no 86 anotaba o terceiro Escudero e facía o cuarto no tempo engadido. O Pontevedra queda nunha situación límite. A seis puntos da salvación con nove por xogarse.