Publicador de contidos

Publicador de contidos

Robles explica que a corentena dos pasaxeiros do cruceiro do hantavirus será voluntaria

Robles explica que a corentena dos pasaxeiros do cruceiro do hantavirus será voluntaria

Un avión militar medicalizado con base en Torrejón de Ardoz recollará en Canarias os pasaxeiros españois do MV Hondius

Avión con pacientes de hantavirus con destino a Amsterdam. REUTERS/Borja Suarez Avión con pacientes de hantavirus con destino a Amsterdam. REUTERS/Borja Suarez
G24.gal 06/05/2026 22:29

 A ministra de Defensa, Margarita Robles, explicou este mércores que a corentena no hospital militar Gómez Ulla para os catorce pasaxeiros españois do cruceiro no que houbo contaxios de hantavirus será voluntaria.

Ademais, non serán ingresados na unidade de infecciosos do hospital, como ocorreu anos atrás co caso do ébola, senón que simplemente estarán situados en habitacións individualizadas, indicou Robles, en declaracións á prensa remitidas polo Ministerio.

A titular de Defensa indicou que o seu departamento está traballando de forma coordinada co Ministerio de Sanidade na preparación dun avión militar medicalizado na base de Torrejón de Ardoz para que sexa o que recolla en Canarias aos pasaxeiros españois do MV Hondius, o cruceiro no que se deron contaxios de hantavirus.

O traslado nese avión farase con todas as medidas de prevención e seguridade necesarias por parte da tripulación e dos médicos, insistiu Robles, aínda que os pasaxeiros sexan asintomáticos, engadiu.

Respecto ao ingreso á corentena no hospital militar, recalcou que a farán "sempre que voluntariamente queiran", dado que é unha medida privativa de liberdade, para a que asinarían un consentimento informado.

Durará esa corentena "o tempo que digan os médicos", sinalou a ministra, que distinguiu esta actuación do rigor co que se trata o ébola, que é "un caso distinto".

A ministra destacou a gran preparación en enfermidades contaxiosas que teñen no hospital militar Gómez Ulla, cunha "experiencia moi grande neste tema".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade