Robles: España cumprirá "moi anticipadamente " o seu compromiso do 2 % do gasto en Defensa
A ministra asegura que o compromiso se cumprirá con “rigorosidade e seriedade”

A ministra de Defensa, Margarita Robles, asegurou este martes en Lisboa que España cumprirá “moi anticipadamente” o seu compromiso de destinar o 2 % do produto interior Bruto (PIB) ao gasto en defensa, un obxectivo inicialmente marcado para o ano 2029.
A responsable de Defensa participou no III Foro La Toja Lisboa, celebrado na Fundación Calouste Gulbenkian da capital portuguesa. Antes da súa intervención, destacou ante os medios que o incremento do gasto militar “non é tanto unha cuestión de prazos”, senón de actuar con rigor.
No mesmo foro falou tamén o expresidente Rajoy respaldando a necesidade dese aumento de gasto en Defensa.
Investimentos e creación de emprego
Robles lembrou que o seu ministerio leva sete anos desenvolvendo un “programa serio e moi rigoroso en materia de seguridade”. Segundo explicou, investíronse fondos en numerosos proxectos que, ademais de reforzar a defensa nacional, están a xerar milleiros de postos de traballo.
A ministra fixo fincapé no compromiso internacional de España dentro da OTAN.
“O importante é que España cumpre coas súas obrigas e os seus compromisos. Hai un compromiso de chegar ao 2 % e imos cumprilo”, asegurou.
Criterios de responsabilidade e interese nacional
Robles subliñou que este obxectivo se alcanzará con “seriedade, rigor e deixando sempre moi alto os intereses de España”. En relación a un posible envío de tropas a Ucraína, sinalou que “aínda non é o momento” de facer previsións sobre un plan de paz, mentres continúe a guerra e “a xente siga morrendo” no país.