Roberto Leal: "Gústame que me dirixan, os actores temos tendencia a autoenganarnos"
Roberto Leal: "Gústame que me dirixan, os actores temos tendencia a autoenganarnos"
Roberto ten en cartel 'Hamelin', de Redrum Teatro, con texto de Juan Mayorga
Na década dos 80 chegou a Galicia onde se asentou nestes anos traballou en teatro, series e cine
Leal ten unha ampla traxectoria como profesor teatral xunto ao seu labor de actor profesional
A interpretación é unha carreira de fondo. Ben o sabe Roberto Leal. Un dos clásicos dos nosos escenarios, tanto nas táboas como na pantalla. Actor, director e profesor de teatro. Participou en infinidade de elencos.
O noso convidado hoxe é un galego que naceu en Bos Aires, pero é galego porque lle peta e porque leva aquí desde os anos 80 vivindo da interpretación como actor, director e profesor de teatro. Puidemos velo en papeis inesquecibles como o de Terceiro Acto, co CDG, series desde Serramoura a Matalobos. Filmes como Olvido y León ou Elisa y Marcela e agora mesmo en Hamelin, con Redrum teatro.