Ristic sofre un pequeno edema no xemelgo interno dereito
Está practicamente descartado para o seguinte compromiso ligueiro do Celta ante o Valencia

As probas de imaxe que lle realizaron ao internacional serbio Mihailo Ristic revelaron que o lateral esquerdo do Celta sofre “un pequeno edema no xemelgo interno dereito”.
O futbolista lesionouse durante o quecemento do primeiro partido de Liga contra o Deportivo Alavés, e está practicamente descartado para o seguinte compromiso ligueiro do seu equipo, contra o Valencia.
Os servizos médicos do Celta tamén informaron de que o centrocampista estadounidense Luca de Torre segue realizando traballo individual por mor da escordadura de nocello que lle impediu estar ao dispor de Claudio Giráldez no debut ligueiro.
Á marxe do grupo exercitouse esta mañá o porteiro Vicente Guaita, quen sufriu a semana pasada unha sobrecarga no xemelgo da súa perna esquerda.